Investigación

Os grupos de investigación das áreas de Economía e Empresa das Universidades de Vigo e A Coruña levan tempo acadando grandes logros, non só a nivel autonómico e nacional, senón tamén internacional, polo que se están a ver os efectos multiplicativos da creación dunha maior masa crítica e unha maior diversidade das áreas de especialidade.

Coa constitución de ECOBAS, unifícase e consolídase a colaboración entre grupos de investigación para aumentar o impacto académico, económico e social das actividades de I+D+i ao producir máis e mellores publicacións e maximizar a captación de talento e recursos externos, logrando así mellorar a sustentabilidade dos grupos.