Cómo nos organizamos

A agrupación conta con máis de 150 investigadores incorporados en 12 grupos de investigación, 11 pertencentes á Universidade de Vigo (9 no campus de Vigo, 1 no campus de Ourense e 1 no campus de Pontevedra) e 1 pertencente á Universidade da Coruña. Máis do 80% deses investigadores son doutores.

Ademáis deste persoal de investigación propio, en ECOBAS temos máis de 30 colaboradores externos e 7 xestores.

Grupos de Investigación

C+D Group (Competitividade e desenvolvemento rexional na Unión Europea)
Campus de Elviña, A Coruña
  • Liñas de investigación
    • Desenrolo rexional e economía espacial (nova economía xeográfica, capital humán e innovación)
    • Análise económica e empresarial da competencia, o mercado e a innovación.
    • Marketing de novos produtos, marca e comportamento do consumidor. Marketing de produtos alimentario
    • Análise das organizacións, empresas, institucións sen ánimo de lucro e responsabilidade social
    • Crecemento económico, macroeconomía e economía pública
    • Técnicas estatístico-econométricas. Econometría financieira. Econometría espacial
CoAFin (Contabilidade, Auditoría e Finanzas)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus Universitario s/n, 36.310 Vigo (Pontevedra)
  • Liñas de investigación
    • Calidade da información contable nas entidades privadas e públicas a través dos informes de auditoría
    • Xestión e rentabilidade dos Fondos de Reserva das Pensións Públicas
    • Comunicación da responsailidade social corporativa (RSC)
    • Metodoloxías activas de ensinanza-aprendizaxe
    • Sociedades Cooperativas e outras empresas de participación
    • Finanzas para a Sociedade
    • Aprendizaxe en Finanzas e Responsabilidade docente
ECOSOT (Economía, Sociedade e Territorio)
EMAF (Economic Modeling and Forecasting)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus Universitario s/n, 36.310 Vigo (Pontevedra)
  • Liñas de investigación
    • Predición e modelización de series económicas e financieiras 
    • Modelización da demanda do turismo internacional a España 
    • Modelización e predición do sector forestal 
    • Busca de estructuras caóticas en series económicas e financieiras 
ERENEA (Economía dos recursos naturais e ambientais)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus Universitario s/n, 36.310 Vigo (Pontevedra)
  • Liñas de investigación
    • Avaliación dos efectos socioeconómicos da actividade pesqueira, da acuicultura e das actividades relacionadas 
    • Estimación de preferencias alimentarias dos consumidores 
    • Valoración económica de espazos naturais 
    • Avaliación económica de impactos ambientais 
    • Economía do turismo 
G4_PLUS (Desenvolvemento estratéxico: organizacións e territorios)
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, Campus A Xunqueira s/n, Pontevedra
  • Liñas de investigación
    • Desenvolvemento estratéxico
    • Internacionalización e análise de mercados 
    • Innovación 
    • Emprendemento 
    • Cooperación 
    • Sistemas de información e vixilancia competitiva 
GEN (Governance and Economics Research Network)
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo, Campus As Lagoas. Ourense
  • Liñas de investigación
    • Economía publica, descentralización e gobernanza 
    • Economía rexional e sectorial 
    • Empresa familiar 
GRiEE (Group of Researchers on Empirical Economics)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus Universitario s/n, 36.310 Vigo (Pontevedra)
  • Liñas de investigación
    • Microeconomía aplicada 
    • Economía da saúde e calidade de vida 
    • Organización industrial aplicada 
    • Economía do transporte 
    • Economía da información 
IC2 (Intellectual Capital and International Company)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus Universitario s/n, 36.310 Vigo (Pontevedra)
  • Liñas de investigación
    • Medición de intanxibles
    • Capital intelectual e internacionalización
    • Intanxibles no deporte 
    • Internacionalización de Pemes 
    • Comercio xusto 
iMark (Group of Researchers in Marketing Research)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus Universitario s/n, 36.310 Vigo (Pontevedra)
  • Liñas de investigación
    • Marketing (investigación de mercados, marketing internacional, marketing turístico, distribución,…)
    • Marca 
    • Marketing responsable e sostible (Responsabilidade Social Empresarial)
REDE (Research Group in Energy, Innovation and Environment)
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus Universitario s/n, 36.310 Vigo (Pontevedra)
  • Liñas de investigación
    • Innovación e mellora de procesos e promoción da eficiencia enerxética
    • Enerxía e economía ambiental 
    • Economía pública: ingresos e gastos 
    • Federalismo, descentralización, economía rexional 
    • Reforma Tributaria, Micro-simulación e comportamento