As nosas estratexias

Integradora

    A colaboración entre os grupos é a base para dotar de multidisciplinariedade á agrupación ECOBAS e facer dela un socio máis atractivo de cara a participar en proxectos internacionais, especialmente nas convocatorias integradas no Programa Europeo Horizonte 2020. Isto permitirá optar a máis e mellores convocatorias e obter, polo tanto, un maior financiamento. Neste senso, a dinámica de traballo nos leva a organizar e coordinar equipos con liñas de traballo comúns ou complementarias que poidan converterse en socios atractivos para os distintos consorcios.

    Estas colaboracións facilitan, ademais, a produción de máis e mellores publicacións e comunicacións, producindo unha notable mellora nos índices de impacto e o número de citas, e axudan a consolidar a imaxe de marca ao permitir axuntar unha masa crítica de recursos humanos dificilmente alcanzable polos grupos de xeito individual.

Proactiva

    ECOBAS realiza unha vixilancia competitiva continua sobre as diferentes fontes de financiamento de actividades de I+D+i, tanto nacionais coma internacionais. Ademais, dedica importantes recursos á difusión das liñas de investigación e fortalezas da agrupación en diversos foros (infodays, brokerage events, asembleas,...) é á organización de congresos, simposios e seminarios científicos de carácter internacional.

    Por outro lado, seguindo esta liña ECOBAS busca participar de forma activa en plataformas e PPPs e maximizar a interrelación cos axentes económicos da comunidade galega e do Estado, coma clústeres, asociacións empresariais, cámaras de comercio,...

Comunicadora

A comunicación é fundamental para dar a coñecer o traballo e as capacidades de calquera entidade e abrir fronteiras, e convértese nun tema de gran importancia no caso dos organismos de investigación. Por iso, ECOBAS traballa de forma continua no desenrolo dun plan de comunicación, sustentado sobre tres pilares básicos:

  • 1. A imaxe de marca: a consecución dunha imaxe atractiva e potente capaz de traspasar fronteiras ten unha importancia vital para a Agrupación.
  • 2. O plan de marketing: é un elemento imprescindible para dar soporte á estratexia de comunicación.
  • 3. A formación: a formación do persoal investigador nunha disciplina tan transversal como é a comunicación é un dos retos de ECOBAS, e por iso se planifican cursos e seminarios sobre temas de gran importancia para os investigadores coma a publicación e difusión de resultados, as estratexias de comunicación ou a mellora das presentacións orais e escritas.
 SUSCRÍBETE A ECOBAS

Configuración de cookies

Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.

Cookies necesarias


Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.

cb-enabled
cookieControl

Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestra política de cookies.