Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial

 

DESCRICIÓN DO PROGRAMA


O Programa de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial, regulado polo R.D. 99/2011, integra a investigadores/as das distintas áreas de Economía e Empresa das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais das Universidades de Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, que realizan investigación de calidade e contrastada polas súas publicacións en revistas científicas de prestixio internacional.

O obxectivo do programa é formar investigadores/as capaces de utilizar con rigor modelos económicos e manexar datos empíricos con técnicas econométricas contrastadas que permitan abordar problemas teóricos ou prácticos e publicar as súas conclusións en revistas académicas de relevancia internacional.

O programa conta con docentes de gran experiencia investigadora en distintos campos da economía e das ciencias empresariais como son, por exemplo, economía medioambiental e dos recursos naturais; comportamento estratéxico e teoría de xogos; economía industrial e da información; economía da saúde e da familia; análise das políticas económicas; análise macroeconómico; métodos cuantitativos; análise económica e financeira, innovación, xestión de operacións e recursos humanos, organización e estratexia da empresa; economía espacial, urbana a rexional; desigualdade e economía de xénero; historia económica; comercialización e investigación de mercados; e economía e organización das empresas turísticas.

Os/as investigadores/as involucrados neste Programa de Doutoramento están integrados en grupos de investigación de referencia do Sistema Universitario de Galicia ou en outros grupos de investigación que obteñen financiación en distintas convocatorias competitivas nacionais e europeas.

O Programa da continuidade ó Programa de Doutoramento en Economía e Empresa da Universidade de Vigo (implantado no curso 2013/14 como modificación ó anterior Programa de Doutoramento en Economía), ó Programa Oficial de Doutoramento en Competitividade, Innovación e Desenrolo: análise Económica e Empresarial, da Universidade da Coruña e ó Programa de Doutoramento en Economía da Universidade de Santiago de Compostela. Para salvagardar os dereitos dos/as estudantes procedentes de ditos programas, estes foron integrados/as dentro deste novo Programa Interuniversitario.

 

PRAZOS DE MATRÍCULA (Universidade de Vigo)


Preinscrición: do 26 de agosto ó 7 de setembro de 2016 / do 10 ó 13 de febreiro de 2017

Listado provisional e reclamacións: do 16 ó 22 de setembro de 2016 / do 16 ó 21 de febreiro de 2017

Listado definitivo: 29 de setembro de 2016 / 23 de febreiro de 2017

Matriculación: do 1 ó 7 de outubro de 2016 / do 24 ó 28 de febreiro de 2017

Descargar calendario

* Para coñecer o calendario das Universidades de Coruña e Santiago de Compostela consultar a súa páxina web

 

GRUPOS DE INVESTIGACIÓN PARTICIPANTES


Universidade de Vigo

Economía dos Naturais e Ambientais, (ERENEA)
Research in Economics, Energy and Enviroment, (REDE)
Research Group in Economic Analysis (RGEA)
Economía, Sociedade e Territorio (ECOSOT)
Group of Researches in Empirical Economics (GriEE)
Statistical Inference, Decision and Operations Research, (SiDOR)

Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Grupo de economía ambiental e xestión sostible dos recursos naturais (ECON-NATURA)
Grupo de análise económica dos mercados e institucións (AEMI)
Grupo de modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións (MODESTYA)
Grupo de valoración financeira aplicada (VALFINAP)

Universidade da Coruña

Grupo Jean Monnet de Competitividade e Desenrolo na Unión Europea (Grupo C+D)
Grupo de investigación de Estudos Económicos: Transporte, traballo e sostenibilidade (MAJEFRE)
Grupo de Estudos de Historia da Empresa (GEHE)
Grupo de Investigación en Macroeconomía e Saúde (MACROSALUD)
Grupo de Investigación en Regulación, Economía e Finanzas (GREFIN)

 

COORDINADORES DO PROGRAMA


Universidade de Vigo: Carlos Hervés Beloso (cherves@uvigo.es)
Universidade de Santiago de Compostela: María Loureiro (maria.loureiro@usc.es)
Universidade da Coruña: Emma Iglesias (emma.iglesias@udc.es)

 

COMISIÓN ACADÉMICA


Presidente: Carlos Hervés Beloso (UVigo)
Secretaria: Belén Fernández-Feijóo Souto (Uvigo)
Vogal 1: X. Henrique Vázquez Vicente (Uvigo)
Vogal 2: Juan Surís Regueiro (UVigo)
Vogal 3: José Manuel Sánchez Santos (UDC)
Vogal 4: Andrés Faíña Medín (UDC)
Vogal 5: Emma Iglesias Vázquez (UDC)
Vogal 6: Manel Antelo Suárez (USC)
Vogal 7: María Loureiro García (USC)
Vogal 8: Antonio Rodríguez Sampayo (USC)

 

ADMISIÓN NO PROGRAMA


Con carácter xeral, serán admitidos neste Programa os/as solicitantes que teñan cursado con bo rendemento académico (cualificación media igual ou superior a notable) un programa de mestrado en Economía e/ou Empresa que familiarice ó/á estudante cos principais paradigmas teóricos e cos métodos de análise empírico da súa especialización, tendo que acreditar polo menos 6 créditos nos seguintes cursos: Econometría; Microeconomía ou Finanzas; Economía da Empresa de nivel avanzado.

Ademais, poderán ser admitidos no Programa estudantes procedentes doutros programas de mestrado que, a xuízo da Comisión Académica, os/as capaciten para abordar con éxito o Programa. Exemplos desta situación poden ser estudantes procedentes de programas de mestrado en enxeñería, matemáticas ou estatística.
No caso de que o/a solicitante careza da formación previa esixida, a admisión quedará condicionada á superación de complementos de formación específicos.

O criterio de selección dos/as alumnos/as basearase fundamentalmente no expediente académico. Tamén se terán en conta o currículum vitae e será relevante para a decisión sobre a admisión no Programa unha entrevista co/a candidato/a na que se porán de relevo a súa capacidade para expresarse en lingua inglesa, a súa formación sobre o que implica un programa de doutoramento e a súa disposición para abordalo. Valorarase moi positivamente que o/a estudante que solicita a admisión no programa teña contactado con anterioridade á solicitude cun/cunha posible director/a de tese e que teña aceptado dirixila.

Os distintos aspectos mencionados concrétanse no seguinte baremo:

1. CV do/a candidato/a (35% ). Valoraranse fundamentalmente aqueles aspectos relativos ós estudos de grao e/ou mestrado que pusúa o/a solicitante, así coma as titulacións oficiais, cursos e actividades formativas recibidas e/ou impartidas e o resto de actividades e méritos contidos no CV que a Comisión Académica (de forma motivada) considere máis idóneos para o desenrolo da actividade investigadora no marco das liñas de investigación do programa. Neste apartado inclúese a opinión do/a posible director/a de tese, en caso de que proceda.

2. Cualificacións obtidas no grao (10%) e/ou mestrado (15% )

3. Formación previa en investigación (10% ): Materias de iniciación á investigación e traballo de fin de mestrado, participación en proxectos de investigación ou contratos de investigación

4. Acreditación de coñecemento de idiomas (15% ).

5. Experiencia profesional en campos afíns ás áreas de coñecemento do programa e actividade en elaboración e xestión de políticas públicas (15%)

 

MODALIDADES DE MATRICULACIÓN


Matrícula a tempo completo: 33 prazas de novo ingreso (11 por Universidade)

Matrícula a tempo parcial: 12 prazas de novo ingreso (4 por Universidade). Para esta modalidade de matriculación é requisito indispensable a súa aprobación por parte da Comisión Académica. Para solicitala, haberá que demostrar motivos de carácter laboral, familiar ou persoal presentando os documentos xustificativos pertinentes.

O cambio da modalidade de matrícula poderá solicitarse nos períodos de matrícula comúns e quedará condicionado ó informe favorable da Comisión Académica.

 

TITORIZACIÓN E DIRECCIÓN DA TESE


Titorización:

A admisión definitiva no Programa de Doutoramento leva asociada a asignación dun titor por parte da Comisión Académica, que será un profesor ou unha profesora do programa e con vinculación permanente coa Universidade.

Con carácter xeral, as funcións do/a titor/a serán:

- Velar pola interacción do/a doutorando/a coa Comisión Académica

- Conxuntamente co Director/a da tese, velar pola adecuación ás liñas do Programa da formación e actividade investigadora do/a doutorando/a e orientalo nas actividades docentes e de investigación.

A Comisión Académica poderá modificar o nomeamento do/a Titor/a en calquera momento do período de realización do doutoramento, sempre e cando concorran razóns xustificadas para elo.

Dirección da tese:

A Comisión Académica, a proposta do/a alumno/a, asignará a cada doutorando/a un Director ou Directora de Tese nun prazo máximo de 3 meses dende a súa matriculación, que será o/a máximo/a responsable da coherencia e idoneidade das actividades de formación, do impacto e novidade no seu campo, da temática da tese e da guía na planificación e a súa adecuación, no seu caso, a outros proxectos e actividades nos que se inscriba o/a doutorando/a.

Poderá dirixir a Tese calquera doutor/a español/a ou estranxeiro/a con experiencia acreditada investigadora, independentemente da universidade, centro ou institución no que preste os seus servizos. A estes efectos, enténdese por experiencia acreditada investigadora o cumprimento de algún dos seguintes requisitos:

- Ter recoñecido polo menos un sexenio de actividade investigadora

- Ser, nos últimos 6 anos, investigador/a principal dun proxecto de investigación financiado mediante convocatoria pública (excluíndo as propias da universidade)

- Acreditar a autoría ou coautoría, nos últimos 6 anos, de polo menos 3 publicacións en revistas incluídas no Journal Citations Report (JCR).

- Acreditar a autoría ou coautoría dunha patente de explotación

- Ter dirixido unha tese de doutoramento nos últimos cinco anos con cualificación de Sobresaínte Cum Laude ou Apto Cum Laude da que se teña derivado, polo menos, unha publicación en revistas indexadas no JCR con autoría ou coautoría do/a doutorando/a

Se un/unha profesor/a do programa cumpre os requisitos, deberá asumir as funcións de dirección e titorización.

A tese poderá ser codirixida cando concorran razóns de índole académica ou cando a interdiciplinariedade temática ou os programas desenrolados en colaboración nacional ou internacional así o xustifiquen. Esta codirección deberá ser previamente autorizada pola Comisión Académica e poderá ser revocada se, a xuízo de dita Comisión, non beneficia o desenrolo da tese. Os requisitos a cumprir polos/as codirectores/as da tese son os mesmos que os dos/as directores/as.