Noticias

Celebración do  “I Congreso de Historia do Turismo”
07-07-2016

Celebración do “I Congreso de Historia do Turismo”

En 2017 terá lugar o “I Congreso de Historia do Turismo. As orixes do turismo en España, 1900-1930: o nacemento dun país de turismo”. O evento celebrarase no Mosteiro de San Xoán de Poio (Pontevedra) os días 6, 7 e 8 de xuño e estará coordinado por Rafael Vallejo, investigador de ECOBAS, e Carlos Larrinaga, da Universidad de Granada, que xunto con Elvira Lindoso e Margarita Vilar, da Universidade da Coruña, e Beatriz Correyero, da Universidad Católica de Murcia, conforman o Comité Organizador.

Plantexado cun carácter multidisciplinar e coa fin de explicar os orixes e as liñas de desenrolo do incipiente sistema turístico español, o Congreso acollerá a 25 especialistas de distintas disciplinas coma Antropoloxía, Arquitectura, Biblioteconomía e Documentación, Ciencia Política, Xeografía, Historia Política e Cultural, Ciencias da Información e Historia Económica.  

As sesións estarán abertas ós estudantes universitarios, así coma ós especialistas e profesionais do turismo que poidan estar interesados nos seus contidos.

Podes consultar o programa completo no arquivo adxunto.


DOCUMENTACIÓN ASOCIADA:

Congreso Historia Turismo 2017-Programa.pdf